Política lingüística presenta unha grande mostra sobre o galego

O orzamento do proxecto rolda o millón e medio e euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

As nosas palabras, os nosos mundos é o nome da exposición que presentaba esta mañá a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que poderá verse a partir do vindeiro mércores na igrexa de San Martiño Pinario, conta cun orzamento aproximado dun millón e medio de euros. A mostra consiste nun percorrido multimedia pola nosa lingua incidindo na importancia da diversidade lingüística e cultural e na historia do noso idioma mediante contidos multimedia e interactivos. A proposta foi comixariada por Anxo Lorenzo e coincide coa celebración do Ano Internacional das Linguas e co Ano Europeo do Diálogo Intercultural. Coa estrea en Compostela o proxecto comeza unha itinerancia que o levará por diferentes localidades galegas, Bilbao, Madrid, Bruxelas, Buenos Aires, Sevilla ou Barcelona entre este ano e o que vén.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Anxo Lorenzo, San Martiño, Secretaría Xeral de Política Lingüística...