Política Lingüística e oito editoriais desenvolverán actividades de dinamización en 70 concellos

A proposta vai dirixida ao público infantil e xuvenil

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Setenta concellos e arredor de 50.000 rapaces e rapazas de entre 4 e 18 anos participarán nas actividades de dinamización que presentaba esta mañá Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística, canda a representantes de oito editoras galegas. A Nosa Terra, Baía, Galaxia, Kalandraka, Oqo, Rodeira, Sotelo Blanco e Xerais participan nunha iniciativa que quere incidir no tramo de idade no que máis periga a transmisión da nosa lingua e que se desenvolverá ao longo deste outono. As propostas das distintas editoras inciden en aspectos coma a oralidade, a escrita creativa, a música ou o audiovisual. Entre as propostas máis curiosas, A Nosa Terra propón obradoiros de creación de graffiti da man de Anxo Fariña e Galaxia presenta Flis-fli-ris-flás un proxecto que concentra a lectura, os contidos multimedia e mais o teatro. A campaña conta cun orzamento total de 621.000 euros, dos que política lingüística achega 570.000. Segundo asegurou López, esta é "unha das campañas máis ambiciosas" do seu departamento.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Flis-fli-ris-flás

Flis-fli-ris-flás

Un proxecto explora múltiples formatos para promover a lectura e o galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, A Nosa Terra, Anxo Fariña, Teatro...