Política Lingüística promove a oralidade con Bocaberta

A entidade continúa a colaboración con editoras galegas mediante este programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Política Lingüística promove a oralidade con Bocaberta

Un total de once editoras colaboran coa Secretaría Xeral de Política Lingüística no programa de dinamización para nenos e mozos Bocaberta. Esta actividade continúa e amplía a iniciativa que desenvolvera o pasado outono este departamento con oito empresas do sector. No programa inclúese a edición da revista de BD Galimatías, contacontos, música, radio ou proxeccións audiovisuais entre outras propostas, e chegará a preto de 500.000 nenos en 286 concellos, segundo asegurou o responsable da área, Anxo Lorenzo. As actividades están dirixidas a un público de entre 3 e 18 anos.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Anxo Lorenzo, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Narración oral