O programa Axóuxeres pásase ao multimedia

A iniciativa de Política Lingüística busca apoiar o galego entre os 0 e o 6 anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Imaxe de presentación de Os Axóuxeres

Imaxe de presentación de Os Axóuxeres

O programa Axóuxeres, co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca dinamizar o galego en nenos e nenas de entre 0 e 6 anos presentaba onte unha edición na que integra o multimedia. Para alén de cancións e de teatro o proxecto integra unha xira de proxeccións cinematográficas e chegará en total a máis de 40 concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Ademais haberá un espazo de animación centrado nesta iniciativa que se emitirá na segunda canle da televisión autonómica e desenvolveranse xogos para teléfonos móbil.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Teatro, Animación, Secretaría Xeral de Política Lingüística...