Miquel Strubell: "A inversión da Unión Europea no galego é cero"

Falando de todo

Linguas de primeira, linguas de segunda e un terceiro grupo no que se atopan os idiomas non oficiais. Así de categórico se amosou o asesor do Consello de Europa, Miguel Strubell na súa conferencia no marco dos encontros de Planificación e Normalización Lingüística. Unha conferencia na que determinou a necesidade de que a UE mude a súa postura actual e contribúa ó apoio á diversidade lingüística. Nas mesas de traballo, os diferentes relatores abordaron unha proxectiva histórica dos servicios de normalización nas deputacións provinciais.


A política lingüísitca da UE


Segundo o asesor do Consello de Europa, Miquel Strubell, presente nas xornadas de Planificación Lingüística, a situación e os apoios económicos ás linguas que ofrece a Unión Europea está relacionado co sistema actual. Un sistema no que "existen linguas de primeira e de segunda", conformado por once linguas oficiais, con prioridade do inglés o francés. Por iso consider que "Europa debe ter unha postura clara fornte ás linguas minoritarias, apoiando a diversidade lingüística e cultural". Un primeiro camiño de achegamento que levou a cabo co Ano Europeo das Linguas pero no que queda moito camiño "porque non ha subvencións para enisar o galego ou o catalán pero sí para o inglés".
Por ese motivo Strubell reivindicou a necesidade dunha política lingüística unitaria aplicable a todo o engranaxe comunitario e que atenda ás linguas minorizadas.












Mesas de traballo: áreas do informe


Durante a tarde da xornada de onte desenvolvéronse unha serie de mesas redondas sobre a difusión da lingua. Unhas conclusións que formaban parte das áreas de coñecemento do "Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia" que foi presentado onte por Henrique Monteagudo. Unhas áreas prácticas que se centraron en diferentes disciplinas. A primeira das intervencións correu a cargo de Rosario Pérez que fixo unha perspectiva história dos materiais empregados desde os anos 60 e 70 a cargo de asociacións culturais. Un fenómeno que foi relevado pola Dirección Xeral de Política Lingüística que se apoiou no feito ata o momento. Aínda así, reivindicou na súa poencia a necesidade de dun organismo que coordine esta área de traballo.
Outra das sesións, a de Ernesto González, centrouse nos recursos lexicográficos do galego. Un aspecto que se desenvolveu en dúas bandas; unha primeira etapa de recollida de termos, e logo unha posterior clasificación e selección. Un traballo que determinou que o diccionario pasa a ser unha obra única de referencia e consulta que é posible gracias á elaboración dun equipo estable.






Mesas de traballo: experiencias


As mesas de traballo relativas á segunda xornada quixo poñer de manifesto a situación práctica. E para iso tomou como modelo a función dos servicios de normalización Lingüística das Deputacións provinciais. Unhas seccións que botaron a andar nos anos 90, aínda que con varias experiencias previas. Un proceso que contou nun primeiro momento cun traballo de traducción dos documentos administrativos, gracias á creación da praza de "traductor". Unha situación que mudaría coa creación dun gabinete de galego e de normalización (as denominacións varían en función de cada Deputación). Unha situación que se completaría cunha segunda fase, e máis actual, de promoción da lingua a través dos cursos de galego (con diferentes niveis) para o funcionariado.