Reivindicar a conversa como un xeito de crear coñecemento e de educar fóra das formas académicas convencionais. Esta é a proposta que realizou o Culturalab, espazo experimental que xorde do Mestrado de Servizos Culturais da Facultade de Humanidades de Lugo. Ao longo de febreiro creadores e emprendedores de diversos ámbitos abordaron os retos da nosa cultura reflexionaron sobre os problemas e os desafÃos que atopan no seu labor.
O Culturalab naceu hai uns meses no marco do Mestrado de Servizos Culturais da Facultade de Humanidades de Lugo. Esta iniciativa pretende impulsar "novos soportes formativos alleos aos tradicionais profesor-alumno no que se cree un espazo de aprendizaxe complementario ao establecido no plan curricular do Master", segundo explica a presentación do proxecto. Fran G. Quiroga é o responsable desta iniciativa que, segundo explica, busca "experimentar con novas tecnoloxÃas da aprendizaxe". Dentro desta proposta, o ciclo de Conversas que se desenvolveu en Lugo todos os mércores do mes de febreiro foi o primeiro paso. A intención "era achegar á universidade coñecementos que se xeran noutros espazos, e reivindicalos como ámbitos de produción de coñecemento". Canda a isto, "queriamos reivindicar a conversa como xeito de aprendizaxe. Trátase de algo sosegado e tranquilo, cada unha das sesións duraban dúas horas. O papel dos convidados era máis de mediador do que o de conferenciante", sinala.
Complementar os estudos
A selección de participantes desenvolveuse coa intención de "tentar mellorar aqueles puntos máis frouxos que puidese haber no mestrado", explica o responsable do Culturalab. Ademais, "tamén se procuraba un aspecto innovador nas propostas e que se tratase de xente que non só teorizase, senón que tamén tivese unha praxe no sector". Ao longo de todas as intervencións apareceron unha serie de cuestións que se presentan como transversais ás diferentes perspectivas. Segundo lembra Quiroga, "en xeral falouse da necesidade de abrir a universidade á sociedade e establecer sistemas de apertura na propia sociedade". Canda a isto "todos tocaron tamén, dun xeito ou doutro, a necesidade a habilitar novos espazos de produción e de exhibición, a pensar nos cidadáns tamén como produtores de cultura, ante a actual situación de precariedade". As posibilidades das tecnoloxÃas libres e a necesidade buscar xeitos colectivos e colaborativos de desenvolver a creación cultural foron outras propostas que apareceron nas conversas.
Redes, traballo horizontal e pensamento
De xeito máis especÃfico, a artista multimedia Beka Iglesias abriu o ciclo, e na súa conversa abordouse "a necesidade de arquivo e as posibilidades que neste sentido ofrece a rede. Todo o que se xera en Internet se pode arquivar e este é un ámbito que cómpre traballar" de xeito que se facilita a xeración de coñecemento a partir dos procesos de acción. En paralelo "tratouse o tema e como traballar de xeito horizontal resulta máis eficiente, e qué poden achegar nesta liña as ferramentas tecnolóxicas". A sesión con LucÃa Castro, membro do Proxecto Derriba, "centrouse máis no debate sobre o papel da militancia e como desde esa perspectiva se poden aplicar mecanismos de participación". Propostas veciñais, iniciativas como as sacas de favores ou o papel que ten a filosofÃa e o pensamento contemporáneo nestes procesos foron algúns dos puntos que se tocaron.
Novas relacións e a pegada dixital
Desde a perspectiva do empredemento, Xesús Ron, da compañÃa de teatro Chévere, abordou cuestións como "a necesidade de superar a visión da subvención para tecer estruturas que non resulte autoprecarizantes", é dicir, evitar a dependencia de recursos públicos como un xeito de non se limitar. Ron, "tratou a necesidade de xestionar os egos no ámbito dos artistas". Unha das curiosas propostas que abordou Ron foi a de crear "grupos de consumo cultural ou proxectos de custodia cultural", novos xeitos de relación entre produtores e consumidores. A última das sesións das conversas, a cargo de Manuel Cebral Loureda Man Hauser, coordinador e director do Alg-a Laboratorio, centrouse "no xeito en que a cultura dixital nos afecta, e como a inmediatez inflúe na construción do común e en como nos relacionamos".
Vindeiros labs
De cara ao futuro a vindeira proposta do Culturalab é xerar unha sementeira de proxectos culturais. "A idea é xerar un viveiro que facilite a creación de proxectos culturais como un xeito de aprender mentres se fai", explica Quiroga. Como novas propostas para unha nova edición das Conversas o coordinador apunta a posibilidade de que sexan os propios alumnos do mestrado os que seleccionen os relatores. "A verdade é que aÃnda que a fórmula funcionou, si que houbo un problema de baixa asistencia por parte do alumnado. Viñeron outras persoas que viron isto como algo interesante pero para o ano temos que tentar unha maior participación, e esta pode ser unha fórmula. Levamos toda a vida cunha visión unidimensional da educación, e rachar isto e desenvolver procesos de participación é lento". Canda a isto, abordar temáticas transversais como os feminismos e a permacultura preséntanse como necesidades prioritarias para o futuro do ciclo. "Tamén penso que temos que incidir no ámbito dixital, que é hoxe unha eiva importante no sistema cultural galego". De xeito máis inmediato, a organización prevé elaborar un texto que recolla as principais cuestións que se trataron ao longo destas xeiras. "A idea é xerar un documento colectivo entre os relatores e a xente que asistiu". A conversa non rematou.