O Consello da Cultura debaterá sobre o conflito entre ciencias e letras

O ciclo Ciencia e humanidades: dúas culturas en colisión? comeza o vindeiro 28 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Ciencia e humanidades: dúas culturas en colisión? é o título do ciclco co que o Consello da Cultura quere debater o conflito entre estas pólas do saber. O programa comeza o vindeiro 28 de abril coa presentación da tradución para o galego da conferencia As dúas culturas coa que Charles Percy Snow estableceu hai 50 anos este debate. No mesmo día, J.M. Sánchez Ron participará nun debate sobre A cultura científica no marco do ciclo O(s) sentido(s) da(s) cultura(s). O programa continuará o vindeiro 4 de novembro na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC cunha mesa redonda entre biólogos e escritores, e rematará o vindeiro 25 de novembro en Vigo coa xornada Ciencia, cultura e sociedade na materia Ciencias para o mundo contemporáneo.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Escritores, Tradución, USC...