Un debate pretende achegar as disciplinas científicas e humanísticas

O encontro terá lugar hoxe na Facultade de Bioloxía en Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

¿De ciencias ou letras? Os límites tradicionais deben caer. Ou polo menos esa é a tese que defenderán Marilar Aleixandre, Xosé Miranda, Xabier Paz e Xavier Queipo, que comparten a condición de dedicarse á bioloxía e á creación literaria. Será será esta tarde, na Aula Magna da Facultade de Bioloxía e estará coordinada polo científico e promotor de iniciativas culturais nesta materia, Xurxo Mariño. O encontro titulado ¿Ciencia e Humanidades: dúas culturas en colisión?, insírese no marco de debates organizados polo Consello da Cultura Galega para conmemorar o 50 aniversario da conferencia impartida por Charles Percy Snow sobre As dúas culturas.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Xabier Paz, Xosé Miranda, Xurxo Mariño...