As dúas culturas de Snow protagoniza a nova sesión de O(s) sentidos(s) da(s) cultura(s)

O académico José M. Sánchez Ron impartirá esta tarde o seminario no Consello da Cultura

O ciclo O(s) sentidos(s) da(s) cultura(s) ten esta tarde unha nova xeira na sede do Consello da Cultura Galega en Compostela. José M. Sánchez Ron, físico, historiador da ciencia e membro da Real Academia da Lingua Española protagoniza unha sesión centrada na interdisciplinaridade científica. Ademais, Sánchez Ron aproveitou para presentar a obra As dúas culturas, tradución ao galego da conferencia de C.P. Snow que iniciou, hai agora medio século, o debate encol da distancia entre a literatura e as ciencias. A publicación desta obra abre ciclo Ciencia e humanidades: dúas culturas en colisión? coa que o Consello quere revisar a situación desta polémica.