
Os suízos Tout Bleu, liderados pola artista Simone Aubert. abrirán o ciclo este venres, cunha viaxe atmosférica na que buscan as tensións e os vínculos entre a música electrónica e a música acústica. Continuaráo ciclo o sábado 6 de maio co concerto da artista libanesa, afincada en Londres, Nadine Khouri. A súa música soa melancólica, honesta e confesional. O ciclo pechará o venres 9 de xuño co concerto da violinista e compositora canadense Jessica Moss, que acaba de publicar recentemente o seu cuarto álbum, 'Everything Returns' con excelentes críticas. Nas súas composicións, que se puideron desfrutar en diferentes ámbitos e proxectos, Jessica Moss destaca por utilizar por igual violíns e voces para crear intricados traballos de música expresiva, chea de electrónica, drone e experimentación, con resultados inventivos, intensos e melancólicos. A organización corre a cargo de WORK ON SUNDAY e CLAP, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.