A VI edición do ciclo Do Audible achegará concertos a catro vilas

Tui, Ourense, A Coruña e Lugo acollerán os recitais de música contemporánea

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A igrexa de San Domingos de Tui acolle este 25 de xuño a primeira sesión do ciclo Do Audible. Kontakte de Karlheinz Stockhausen abre a sexta xeira deste programa que coordina o colectivo Vertixe Sonora da man da Consellaría de Educación. Ata o vindeiro 10 de novembro, outros tres recitais achegarán propostas musicais contemporáneas a Ourense, A Coruña e Lugo. Na Cidade das Burgas o 14 de xuño a antiga capela do campus universitario de Ourense albergará o recital de, Natascha Gangl, canda ao dúo electroacústico Rdeča Raketa. O 23 de Outubro será no paraninfo da Universidade da Coruña, onde se celebra a actuación do Manifesto Gutai mentres o Vello Cárcere de Lugo será o escenario, o 10 de novembro, de Koan, con Elliot Simpson.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Tui, Manifesto, Educación...