A música, a ciencia, a arte e o pensamento encóntranse no ciclo Do audible

Ourense acolle o vindeiro día 18 o comezo desta iniciativa centrada na música contemporánea

13/6/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Catro concertos Ourense, Vigo, A Coruña e Pontevedra, cada un deles artellado arredor dun eixe temático: o tacto, o universo, o mar e o diabólico. Esta é a proposta de Do audible o ciclo que presentaba esta mañá a Consellaría de Cultura en colaboración con Vertixe Sonora. A proposta, que busca normalizar a escoita de música contemporánea no noso territorio, pretende ender pontes entre a música contemporánea e outros campos de expresión como a ciencia, a arte e o pensamento.

Tactus/i> será o concerto que abrirá o programa na sala multiúsos do Campus de Ourense o 19 de xuño. Ana Romaní, Aula de Acordeón do Conservatorio Profesional de Ourense e Vertixe Sonora Esemble, que fará a estrea mundial de Encomenda compoñen o programa. O Museo do Mar de Galicia (26 de xuño), a Casa das Ciencias da Coruña (11 de outubro) e mais o Museo de Pontevedra (14 de novembro) son os escenarios que completan o programa.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Ourense, A Coruña, Pontevedra...