Vertixe Sonora Ensemble protagoniza o III ciclo Do Audible

Os concertos comezan o vindeiro 26 de maio na Coruña

22/5/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Fundación Luis Seoane acolle o vindeiro martes 26 a primeira sesión de concertos do ciclo Do Audible. O libro As cidades invisibles de Italo Calvino protagoniza o comezo da terceira xeira deste programa, que mestura música, literatura, ciencia e pensamento. Como é habitual, a formación Vertixe Sonora Ensemble protagoniza os recitais, que continuarán pola Casa do Saber de Lugo (30 de maio), o Café Moderno de Pontevedra (20 de outubro) e mais o Museo Ramón María Aller, en Lalín (25 de novembro).

A formación estará acompañada nas diferentes sesións dos divulgadores e investigadores Fernando Palacios, Federico López Silvestre, Ana Ulla Miguel e Javier Turnes, que dialogarán cos compositores Alberto Bernal, Joan Bagés i Rubí e Miguel Ángel Tolosa.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Ramón María Aller, Literatura, Ciencia...