Espellos, cintas, berros e almofadas e choiva un concerto do grupo madrileño Neopercusión abre esta tarde, ás 20.30 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra, a sexta xeira do Festival Vertixe Sonora. Ademais da cidade do Lérez, Vigo e Cangas acollerán as actividades desde encontro de música contemporánea, que conta nesta ocasión con nove citas que se desenvolverán ata o vindeiro 5 de novembro. Jean-Étienne Sotty co seu acordeón microtonal, a mestura de música e acrobacias de Ensemble Regards e a compañÃa Vahram Zayran, a violinista polaca Linad Jankowska, o saxofonista valenciano Ricard Capellino ou a estrea dunha peza de Xacobe Gaspar Grandal da man Thomas Piel son algunhas das propostas do programa. Dentro das actividades formativas desenvolverase de xeito paralelo ao evento o curso de achegamento á música contemporánea Aguzar o oÃdo, diferentes máster class ou unha serie de concertos para escolares.