Compostela acolle as III Xornadas de Música Contemporánea

Ensemble Ixor, Elisa Vázquez Doval, Zoar Electric,Pablo Seoane e Alejandro Vargas fan parte do cartel

12/9/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Por terceiro ano consecutivo, diferentes espazos de Compostela acollerán as Xornadas de Música Contemporánea. Entre o 3 de outubro e o 1 de novembro un total de 22 recitais resoarán en espazos como o CGAC, a Cidade da Cultura, a praza da Quintana ou diferentes igrexas da cidade. A Real Filharmonía de Galicia abrirá cun concerto de Mauro Montalbetti a actividade. Canda a este recital, o programa inclúe como o de Ensemble Ixor, Elisa Vázquez Doval, que actuarán o 4 de outubro, Lytos e Zoar Electric, o 5 de outubro Pablo Seoane, o 12 e o pianista Alejandro Vargas, o 26 de outubro. Outras formacións que se poderán escoitar son o Cuarteto Vogler, o Taller Atlántico Contemporáneo, Vertixe Sonora Ensemble e artistas como a violinista Leticia Moreno e o pianista Bertrand Chamayo.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Filharmonía de Galicia, Atlántico, Praza da Quintana, Cidade da Cultura de Galicia...