Compostela acolle a IV Xornadas de Música Contemporánea

O programa inclúe 19 concertos entre o 10 e o 29 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Dezanove concertos compoñen o programa da IV Xornadas de Música Contemporánea que se celebran en Compostela entre o 10 e o 29 de outubro vindeiros. Obras de compositores galegos como Rogelio Groba, Pablo Seoane, Manuel Rodeiro e Jesús González terán unha especial presenza no programa, que conta con formacións como a Orquestra de Cámara Galega, Grupo Instrumental Siglo XX, o dúo galego-portugués KONTAKTEduo, os estremeños Sonido Extremo ou a Real Filharmonía, que estará acomañada de Julián Hernández, de Siniestro Total, entre outras. O programa inclúe tamén o ciclo didáctico AdesTempo, que quere achegar aos máis novos as últimas creacións neste ámbito, mentre a sección OFF Contemporánea amosará as propostas máis orixinais do ciclo.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rodeiro, Rogelio Groba, Julián Hernández, Portugués...