Comeza no CGAC un ciclo de concertos de música galega contemporánea

Todos os concertos terán unha parte de explicación, interpretación e posterior debate

Un grupo de músicos galegos de recoñecido prestixio decidiron unir a súas forzas para preparar un repertorio universal para Ensemble moderno e contemporáneo, ademais dun decidido compromiso coa recuperación, creación e interpretación da obra de compositores galegos. O resultado chámase Taller Atlántico Contemporáneo e dá a coñecer o seu traballo nun ciclo de seis concertos que arrincan hoxe no Centro Galego de Arte Contemporánea. Alí poderanse escoitar obras de Roxelio Groba, Manuel Balboa ou Xan Viaño, entre outros compositores. Todos os concertos terán dúas partes: unha primeira de presentación e interpretación do programa e unha segunda de debate aberto entre público e músicos sobre as pezas.