A música contemporánea galega chega ao CGAC

Insírese no marco de actividades organizadas polo Taller Atlántico Contemporáneo

25/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Cando Miguel von Hafe presentou a programación do CGAC para este 2010, destacou a a importancia de numerosos encontros que achegan outras disciplinas como a música, o audiovisual, os cursos de formación e as actividades. A piques de rozar o ecuador deste ano, chega ao CGAC Os nosos compositores, perspectivas de ensemble, o ciclo que fai un percorrido pola música contemporánea composta en Galicia. A sesion de hoxe (e segunda) está dedicada a Rogelio Groba, un dos compositores máis prolíferos, Juan Durán, Manuel Balboa e Carlos García-Picos. Despois do concerto, a xornada contará cun debate aberto co público.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atlántico, Rogelio Groba, Manuel Balboa, Juan Durán...