O CGAC ábrese á música e ao cinema na súa programación

No apartado expositivo destaca unha mostra sobre a influencia da cultura negra na arte

12/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Elaborada en menos de dous meses e cun importante acento nos fondos propios e na colaboración con outras institucións públicas, Miguel Von Hafe presentou esta mañá a programación do centro que dirixe para este ano 2010. Entre as mostras previstas para este ano destaca a da fotógrafa Cristina García Rodero (en colaboración co Xacobeo), unha gran exposición sobre a influencia na arte da cultura negra producida en ambos lados do Atlántico (Afro-Modern, journeys through the black atlantic) e o proxecto comisariado polo arquitecto Pedro de Llano sobre Bas Jan Ader. Cobra inusual protagonismo na programación do CGAC a música, con varias obradoiros e concertos que farán un percorrido pola creación contemporánea galega e que fará acenos ás exposicións temporais. Ademais, o cinema ocupa un peso importante cunha homenaxe a Chano Piñeiro, ciclos de cine e á revisión da creación contemporánea a través de documentais.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

01/12/2010

Reenfoques

Visitamos a exposición de Cristina García Rodero con Miguel von Hafe, director do CGAC

30/06/2010

Atlántico Negro

Unha exposición examina a influencia da cultura negra na arte

15/02/2010

Síntese colaborativa

O CGAC achegará a arte, música e cine da modernidade na súa programación para este ano

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Chano Piñeiro, Bas Jan Ader, Pedro de Llano...