Unha das demandas que o conselleiro de Cultura lle fixo a Miguel von Hafe cando foi nomeado director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) hai dous anos era que aumentara a cifra de visitantes. Desde entón o centro incrementou “lixeiramente” os seus datos, pasando de 48.000 persoas en 2009 a 53.000 en 2011. Neste tempo, o CGAC diversificou máis a súa oferta incorporando máis audiovisual e música ás súas liñas de programación. Nesta clave se pode interpretar a segunda edición de concertos do ciclo de música contemporánea Perspectivas de ensemble que comeza mañá no centro. Son tres concertos que lle teñe como obxectivo exhibir as últimas tendencias do eido musical actual a través de artistas procedentes de contextos xeográficos ben diferentes.