Ensemble Liberdade é un "formato reducido" da Orquestra Galega de Liberación, orientado á creación musical de vangarda. A coincidir coa montaxe das vindeiras exposicións do Centro Galego de Arte Contemporeánea, a formación ofrecerá dous concertos, ás 20 horas dos dÃas 23 de xaneiro e 6 de febreiro. Os "Concertos en construción" tentan amosar como na escena musical contemporánea "aÃnda é posible innovar no eido da experimentación sonora e musical" e empregarán a improvisación e o 'sound painting' para levar a cabo os dous concertos. Buscan "achegar a música contemporánea e de vantagrda a todos os públicos". O martes 23 de xaneiro, ofrecerase o 'Concerto para formigoneira e ensemble' e o 5 de febreiro o 'Concerto inmediato para refugallo e ensemble". Hai un número máximo de 250 entradas e a entrada está libre ata completar aforo.