A orquestra Atlas Ensemble exhibe a súa multiculturalidade en Santiago

Obradoiros e concertos compoñen o proxecto son(UT)opías

26/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

É un seminario internacional de compositores e intérpretes multiculturais que nace ao abeiro do Centro da Creatividade, proxecto do CampUSCulturae. Chámase son(UT)opías 2013 abre un proxecto a catro anos que pretende xuntar en Santiago a experimentación e a creación musical. A formación convidada é a Atlas Ensemble, unha orquestra de cámara composta por músicos de China, Asia Central, Oriente próximo e Europa que ofrecerán un repertorio creado exprofeso para esta actividade. A formación galega Vertixe Sonora Ensemble será a formación residente deste proxecto musical que inclúe obradoiros e concertos abertos ao público en diferentes espazos da cidade como o Auditorio de Novacaixagalicia, a Praza de Praterías e a Igrexa da Universidade.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igrexa da Universidade, Asia, Europa