A Coruña achégase á música contemporánea co II Festival RESIS

A cidade acollerá ao longo do mes de maio sete concertos e diferentes actividades

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A Coruña achégase á música contemporánea co II Festival RESIS

Coa intención de se consolidar como unha plataforma estable de estrea e difusión da música contemporánea o Festival RESIS celebrará na Coruña a súa segunda xeira. Entre o 3 e maio e o 1 de xuño espazos da cidade como a Domus, a Fundación Luís Seoane, a Igrexa das Capuchiñas, a NORMAL, o Museo de Belas Artes ou o Paraninfo da UDC acollerán as actuacións de Begoña M. Santiago, César Viana e Luz Arcas, Romina Casile e Marco Maril, Gran Torso, David Durán, Manuel del Río, Vertixe Sonora ou Hachè Costa & Jacobo Gaspar. O programa inclúe ademais un encontro entre música e gastronomía e obradoiros nos que alumnos de composición do Conservatorio de Vigo se encontrarán con tres compositores contemporáneos.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Luís Seoane, Manuel del Río, Belas Artes...