O CGAC acolle a I xornada sobre educación e formación en Arte Contemporánea

O centro ten aberta ata o 12 de xuño a mostra Teoría e práctica do deserto

6/4/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Facultade de Belas Artes de Pontevedra e mais o Centro Galego de Arte Contemporánea en Compostela acollen mañá, 7 de abril, a I Xornada sobre educación e formación en arte contemporánea desde museos, centros de arte, fundacións e institucións. O proxecto recolle unha iniciativa do madrileño Instituto de Arte Contemporáneo que chega por vez primeira en Galicia, e achegará dúas mesas redondas, unha sobre formación artística na universidade e outra coa formación e educación en arte contemporánea desde os museos, centros de arte, fundacións e institucións orientada a escola.

En paralelo, o CGAC ten en marcha, desde o pasado 31 de marzo e ata o 12 de xuño, a exposición Teoría e práctica do deserto de Antoni Socías. Comisariada polo actual director do centro, Santiago Olmo, "expón un percorrido polos procesos que atravesan o traballo de Antoni Socias, vinculando desde a fricción fotografía e pintura, obxecto, instalación e vídeo". Imaxes nas que "aparece unha predilección polos paradoxos e tamén polo absurdo que sutilmente se converte nunha larvada crítica social e política desde as pequenas cousas, subliñando a importancia das actitudes no cotián".

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Museos, Belas Artes, Facultade de Belas Artes...