O CGAC debate o futuro dos centros de arte contemporánea

Hoxe comeza o ciclo Non hai museo sen debate

17/3/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

"Pór sobre a mesa opinións, traxectorias e experiencias para revisar modelos e compartir novas ideas e estratexias que enriquezan a figura e a significación dos museos e centros de arte contemporánea en Galicia". Así explica o Centro Galego de Arte Contemporánea os obxectivos do ciclo de encontros Non hai museo sen debate, que abre hoxe ás catro e media da tarde as súas portas na sede desta entidade en Compostela. Unha selección de artistas, críticos, coleccionistas e responsables de institucións debaterán en mesas temáticas as diferentes perspectivas sobre esta cuestión. Nomes como David Barro, Daniel Castillejo, Santiago Olmo, Rosario Sarmiento, Miguel Fernández-Cid, Antón Patiño ou Carme Nogueira parcitipan nas diferentes sesións desta iniciativa, que continúa mañá e remata o vindeiro xoves 22 de marzo. A entrada é aberta e de balde a todos os interesados en participar.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Fernández, Santiago Olmo, Antón Patiño, Rosario Sarmiento...