Art Facts.Net, a máis importante base de datos sobre arte contemporánea na actualidade con presenza na rede recolle entre as 100 institucións máis relevantes do mundo dúas presenzas galegas. Asà o recolle a edición local de Vigo do xornal la Voz de Galicia remarcando a presenza do MARCO da cidade olÃvica nesa lista. O Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC tamén está nesa listaxe ademais do Museo de Arte Contemporánea que aparece nese exclusivo listado realizado con datos non actualizados, segundo o xornal que sitúa a última recollida de datos de Art Facts en xuño do pasado ano, antes da actual deriva do centro vigués xestionados desde o Concello cara outras propostas expositivas afastadas da arte. O CGAC, de titularidade autonómica e situado na capital galega está na posición 46 desta lista na que, ademais das referencias internacionais máis relevantes aparecen as cabeceiras públicas de arte contemporáneo das comunidades de Madrid, Valencia, Cataluña e o PaÃs Vasco entre outras comunidades. Segundo se informa en La Voz de Galicia esta lista de 100 nomes realÃzase tras analizar datos de arredor de 7.000 museos públicos, 400 bienais, 2.300 feiras de arte, 21.000 galerÃas, 700.000 artistas e 800.000 exposicións en todo o mundo. No que se refire ao MARCO, que está no posto 86, del se di: "As exposicións temporais dedicadas á creación artÃstica recente nas máis variadas escenas (arte plástico, arquitectura, vÃdeo, arte dixital, deseño, cine, música, moda, etc.) son a principal actividade arredor da cal se organiza o resto da programación do museo."