Seis concellos de Ourense únense no festival Terra Máxica

A iniciativa achegará espectáculos e obradoiros de catro ilusionistas ata o 17 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Seis concellos de Ourense únense no festival Terra Máxica

Actuacións e obradoiros a cargo dos magos Fran Rei, o Mago Teto, Dani García e o Mago Paco conforman o programa de Galicia Máxica, un festival dedicado ao ilusionismo que se presentaba este martes. O máis peculiar da iniciativa é que xorde como un proxecto colectivo dos concellos de Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Verín e Viana do Bolo coa coordinación do Mago Teto e de Culturactiva. As actuacións distribuiranse entre o 1 e o 17 de abril polo territorio dos seis municipios.

Para alén dos espectáculos dos catro magos, o programa inclúe tamén un ciclo formativo de obradoiros de ilusionismo para grupos de vinte rapaces, e ten unha vertente social que inclúe actuacións en asilos e centros da terceira idade, para achegar os espectáculos a novos públicos.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Culturactiva, Allariz

Claves

Entidades
Lugares