A III Semana do Ilusionismo enche Compostela de maxia

Vinte e tres magos participan no programa entre o 19 e o 25 de abril

17/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Unha gala conducida por Jorge Blass no Teatro Principal abre o vindeiro domingo ás oito e media Compostela Máxica 09. III Semana Internacional do Ilusionismo. O encontro, coordinado polo Mago Antón, contará coa presenza de ata 23 ilusionistas de diferentes estilos, con nomes coma Mago Norberto, Kayto, Mark Mitton ou Peter Wardell entre moitos outros. Actaucións en rúas, coleios e hospitais, dúas galas no Auditorio de Galicia, un Magomóbil ou noites de ilusionaismo no pub Dado-Dadá son algúns dos eventos programados ata o vindeiro día 25.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Auditorio de Galicia, Medios de comunicación, Santiago de Compostela