Lugo convértese na capital do ilusionismo coa súa sexta semana da maxia

O encontro abre hoxe cunha gala na que Jorge Blass presenta a súa última montaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Nas rúas, nos colexios, no auditorio e nos restaurantes. Estes serán os lugares nos que os magos farán os seus trucos de ilusionismo en Lugo. A sexta Semana Internacional da Maxia comeza hoxe na cidade coa actuación do madrileño Jorge Blass (apodado o Copperfield español, con premios como o Frakson ao mellor mago do ano ou a Varita Máxica de Ouro), que presentará o seu espectáculo titulado a arte da maxia. O encontro que organiza o concello de Lugo sucédese ata domingo coa presenza dos mellores magos e ilusionistas internacionais.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Espectáculo, Concello de Lugo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares