Compostela acolle a Semana Internacional do Ilusionismo que achegará a maxia ás rúas e hospitais

A maxia do número 7

Un total de 66 espectáculos repartidos por rúas, colexios e hospitais. É o programa de “Compostela Máxica”, a Semana Internacional do Ilusionismo que achegará espectáculos dos mellores magos do panorama internacional. Desde o domingo 15 ata o 21 de abril figuras como Aaron Crown, Armando Lucero, Jason Ace, Pepe Regueira, Romarís, Xacobe ou Dylan Arce ofrecerán os seus trucos de maxia na cidade. Os espectáculos serán de balde, agás os que teñan lugar no Teatro Principal e no Auditorio que terán un custe de 8 euros.

Máis información en El Correo Gallego e no web do Concello de Santiago