O ilusionismo volta ás estradas na final do ano. Esta mañá presentábase a V Edición do CircuÃto Galego de Maxia Nadal Máxico, un conxunto de actuacións e espectáculos que visitarán entre o 17 de decembro e o 16 de xaneiro vinte concellos galegos. A proposta integra o traballo de 14 ilusionistas, con nomes como o Mago Antón, o Mago RomarÃs, Kiko Pastur, o Mago Vituco ou o Mago Norberto entre outros, e abordaranse disciplinas como o ilusionismo con cartas, a manipulación de obxectos ou o escapismo. O programa está organizado pola ConsellerÃa de Cultura e Turismo en colaboración cos concellos e coa Asociación de Magos Profesionais de Galicia.