Os magos galegos achegan os seus espectáculos a 50 concellos no II Circuíto da Maxia

Circuíto máxico

Cincuenta concellos, cinco espectáculos por función, e vinte e tres magos no cartel. Estas son algunhas das cifras do II Circuíto Galego da Maxia “Nadal Máxico 2007”, un proxecto organizado pola Asociación de Magos profesionais de Galicia en colaboración co IGAEM. Un proxecto que conta cun orzamento de 300.000 euros e que concentra a maior parte das súas funcións no mes de decembro.

Máis información no web do IGAEM