Comeza o VIII Circuíto Galego da Maxia

Oito concellos acollerán as actividades desta iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Comeza o VIII Circuíto Galego da Maxia

A Pobra de Trives, A Pontenova, Allariz, Begonte, Culleredo, Celanova, Laxe e Ponteceso son os concellos que desde hoxe e ata o vindeiro 8 de decembro acollerán as actividades do VIII Circuíto Galego da Maxia. Co lema Nadal Máxico, o programa que organizan a Axencia Galega das Industrias Culturais e mais a Asociación de Magos Profesionais de Galicia contará con actuacións do Mago Richard en Celanova, Javier Muro na Pobra de Trives, o Mago Antón na Pontenova, Norberto Kolb e Kiko Pastur en Ponteceso, o Mago Cali en Allariz, Cayetano Lledó en Begonte, Román García en Laxe e, esta mesma noite, o Mago Benxamín e o Mago Pablo en Culleredo.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culleredo, Ponteceso, Allariz, Celanova...