Kiko Pastur participará no congreso xaponés de maxia de preto

O Mago Teto estrea a súa obra teatral en Narón

27/2/2009 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
1 lecturas | Compartido 0 veces
Un mago coruñés, Kiko Pastur, participará o vindeiro mes de marzo na Japan Cup. Neste encontro, centrado na maxia de preto, o artista dará unha conferencia e amosará un espectáculo. Pastur tamén participará en agosto no congreso que a Federación Internacional de Sociedades Máxicas celebra en China. Outro mago, Teto, está tamén de actualidade porque presenta mañá, 28 de febreiro en Narón, a obra de teatro A maxia da Santa Compaña. Ademais de estar sobre o escenario, Teto tamén se encargou da escrita do espectáculo, que mestura ilusionismo e lendas tradicionais.

Universo culturagalega.gal

18/10/2011

As novas tolemaxias

O Mago Teto presenta novo espectáculo fiel á mestura de maxia e humor

Contextos