Existe unha Galicia con actividade cultural fóra das cidades. Malia ao peso determinante que as urbes atlánticas posúen nos mapas sobre os nosos hábitos culturais, algúns indicadores revelan unha distribución totalmente alternativa. Canda a isto, existen espazos que semellan desafiar a predominancia urbana. Completamos a análise do documento Ocio e hábitos culturais (II) do Observatorio da Cultura Galega a revisar estes espazos alternativos.
Como xa comprobamos en anteriores textos, as comarcas urbanas do Eixe Atlántico amosan unha clara preeminencia no que se refire ocio e hábitos culturais no noso país. Asistencia a cinema, teatro e exposicións, índices de lectura ou participación en espectáculos musicais amosan, con lixeiras variacións, que é nestes territorios onde se concentra a actividade cultural segundo os datos do Instituto Galego de Estatísica que debullou o Observatorio da Cultura Galega na súa análise Ocio e hábitos culturais (II) . No entanto, e segundo estes mesmos datos, existen outros ámbitos nos que se racha ese nesgo cara ao occidente das prácticas culturas galegas. Deste xeito, o interese en actividades artísticas racha a distribución doutros usos e distribúese de xeito diferenciado por todo o país. Aínda máis esaxerada é a Galicia alternativa que se configura se atendemos ao interese polas verbenas. Un auténtico "cinto das orquestras" percorre o país de leste a oeste por comarcas pouco urbanizadas. E logo, por suposto, temos o curioso caso do Morrazo, única comarca non urbana que se sitúa en postos de cabeza en varios dos indicadores analizados.
O cinto das orquestras
A asistencia a festas populares, verbenas e orquestras revélase como o indicador que máis altera a hexemonía das cidades galegas nos hábitos culturais. Ao falarmos do interese por esta práctica, é a área Coruña Sureste (comarcas de Ordes, Arzúa e Melide), con cifras baixas na maior parte dos indicadores recollidos polo IGE, a que aparece á cabeza, cun 78% da poboación que asiste a estes eventos de xeito puntual ou habitual. O Morrazo, cun 75%, O Norte de Ourense, cun 73% e Caldas-O Salnés cun 72% son as seguintes no rango de áreas líderes. Aínda que aparece incluída no seguinte rango, Pontevedra Noroeste (Tabeirós-Terra de Montes e Deza) ten tamén un 72% de afeccionados, a unha distancia de centésimas coas áreas veciñas. Deste xeito, no mapa aparece representanto todo un cinto de áreas pouco urbanizadas cun importante interese por estas actividades culturais que percorre o país de leste a oeste, desde Valdeorras ao Morrazo e ao Salnés, e que se bifurca cara ao interior da provincia da Coruña.
Pontevedra, cun 71% de afección e Ourense, co 70% son as primeiras comarcas urbanas que aparecen na listaxe. Malia ao cambio de cores que identifica os rangos as diferenzas entre moitas das distintas áreas son numericamente escasas. Así, as cidades que ocupan os postos seguintes teñen valores case idénticos a estes, co 69% de Vigo e Compostela o 67% da Coruña, polo que podemos falar dunha distribución bastante xeral da afección ás festas populares e ás orquestras na franxa media deste indicador. Por outra banda, malia aos postos de cabeza para comarcas pouco urbanizadas, hai que sinalar que áreas máis rurais, como son o Sur de Ourense (63%) e o Leste de Lugo (59%) continúan a aparecer nos últimos postos nesta afección, ao igual que noutros indicadores.
Unha afección esporádica
Cómpre sinalar que a maior parte dos que responderon a enquisa do IGE a nivel galego sinalan que participan estas actividades "algunha vez no ano". Así, un 65,9% dos galegos e galegas fan parte puntual destas festas, mentres aqueles que asisten a estes eventos "algunha vez ao mes" son apenas o 7,3%. Por provincias a máis festeira é Pontevedra, cun 75,5% de poboación nas dúas modalidades. Ourense, cun 72,8%, A Coruña con 72,1% e finalmente Lugo cun 70,9% seguen a clasificación total. No entanto, de xeito curioso é esta última provincia a que presenta unha maior porcentaxe de poboación con afección habitual polas verbenas e orquestras, xa que un 9,9% declaran ir todos os meses a estes eventos.
Creatividade repartida
Outro mapa que racha a tendencia xeral é o que amosa o interese dos galegos por actividades artísticas. Se ben a Área da Coruña aparece cun 11% á cabeza destas prácticas (minoritarias no conxunto do país), comparte posto co Morrazo. Ségueas Pontevedra, co 10% e Ourense cun 9%. É dicir, nin Compostela, nin Vigo, nin Ferrol fan parte dos primeiros postos neste apartado, o que racha de novo o peso do Eixe Atlántico. Estas dúas últimas comarcas pasan ao seguinte rango con algo máis dun 8% de poboación a desenvolver este tipo de actividades. A cifra é igual á que presenta Caldas-O Salnés e, de xeito inédito, á que se verifica no Norte de Ourense, unha área que fica ben por tras das áreas urbanas no resto dos indicadores (agás no das orquestras, xa analizado). Se ben a pouca distancia, Compostela (tamén un 8% de afección) entra no mesmo rango de Lugo Central (7,9%) e a Mariña (7,1%) e mesmo por tras de O Carballiño-O Ribeiro (8,3%). Chama a atención tamén que neste mapa áreas que tradicionalmente fican á cola nas súas prácticas culturais remontan postos na clasificación. Sen entrar en postos destacados, Lugo Oriental e a Costa da Morte e asimilan as súas prácticas ás que se desenvolven na Barbanza e no Sur de Pontevedra, con cifras entre o 5 e o 6,4%. Si mantén a súa posición no final da táboa o Sur de Ourense, que comparte categoría co Sur de Lugo, Pontevedra Nororiental e A Coruña Suroriental, onde a poboación que aposta por este tipo de actividades non supera o 4,5%.
O caso Morrazo
A repasar todos os mapas que nos proporcionou o Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura, verifícase que O Morrazo é a única área non urbana que presenta valores máximos en varios dos índices analizados. Deste xeito, a península amosa unha elevada actividade cultural en boa parte daqueles ámbitos nos que o predominio urbano é claro. En particular, a asistencia a teatro monicreques, contacontos a circo resulta superior ao de áreas veciñas como Pontevedra e Vigo, e sitúase ao nivel das máis elevadas de Galicia. Tamén no cinema ou na asistencia a exposicións a península revela un interese superior a espazos da súa contorna, sen alcanzar as cifras do principais núcleos urbanos pero a compartir o segundo posto con Ourense e Ferrol e, no caso das exposicións, tamén coa área de Lugo Central. A falar da lectura, a tríada do Morrazo, Ourense e Ferrol complétase con Caldas-O Salnés a compartir o segundo rango e similares valores. No entanto, na música, a península iguala ao Salnés, Ferrol e Vigo, e supera en interese a Ourense.
Disto isto, cabería pensar que a comarca, pola súa proximidade e relación con Vigo e con Pontevedra, presenta unha dinámica cultural nitidamente urbana que mesmo supera nalgúns casos o de áreas cunha maior presenza de cidades. No entanto, a península tamén se sitúa en postos de cabeza ao falarmos daquelas actividades que rachan a hexemonía das urbes do Eixe Atlántico e nas que máis peso collen zonas rurais. Así, tanto en afección ás orquestras e como a falarmos das actividades creativas O Morrazo fai parte das áreas máis dinámicas. Fica por ver cales son exactamente os factores que determinan estas tendencias. A análise de infraestruturas, programas municipais ou dinámicas de poboación poden axudar a entendermos como funciona a cultura nesta comarca.