A AGADIC convoca axudas á produción audiovisual por dous millóns de euros

As subvencións manteñen o montante e facilitan o sistema de pagamentos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia recollía onte a convocatoria das axudas para producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego. A Axencia Galega das Industrias Culturais mantén o orzamento de dous millóns de euros para estas subvencións. Ademais elimina a obrigatoriedade de constituír garantías para o adianto de cantidades de máis de 18.000 euros e ábrese a posibilidade de acceder a un 85% do importe da subvención de xeito anticipado. Na distribución dos fondos, incremétanse as axudas para proxectos en versión orixinal galega, para coproducións europeas e para os primeiros proxectos de directores de ata 300.000 euros de orzamento.

A convocatoria prevé cinco modalidades de axuda, orientadas a longametraxes de ficción, de animación, documentais, curtas (ficción, animación e documentais) e producións ou coproducións destinadas a ser emitidas por televisión. As solicitudes poden realizarse ata o vindeiro 8 de abril.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Galega das Industrias Culturais, Documentais, Animación