A Xunta anuncia un Plan estratéxico do Audiovisual Galego

O Presidente reuniuse onte con representantes do sector

8/3/2016 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
2 lecturas | Compartido 0 veces
Desenvolver un plan estratéxico para o sector audiovisual para o período 2016-2020. Esta é a proposta que o Presidente da Xunta lles facía a representantes deste ámbito profesional na reunión que mantiveron onte. Alberte Núñez Feijóo anunciaba a súa intención de "impulsar este sector como un dos buques insignia da nosa industria cultural" e convidou a asociacións, empresas e entidades vencelladas ao audiovisual a facer parte dun proceso de debate que analice as medidas máis axeitadas a desenvolver. Entre outras propostas, a Xunta xa anunciou a súa intención de mudar o sistema de pagos de subvencións, que permitirá acceder por anticipado ata o 85% do importe concedido e eliminará a necesidade de garantías para importes superiores aos 18.000 euros. Ademais, poranse en marcha medidas para a creación e a dinamización de audiencias, aumentar a implicación da cidadanía no consumo de bens e servizos audiovisuais e mellorar a educación audiovisual nas escolas.

Universo culturagalega.gal

27/01/2010

Perdéndolle o pulso

Parte do sector audiovisual reúnese con Feijóo para pedirlle un plan de choque

Contextos