Marcos Abalde faise co IV Lueiro Rey de poesía

O seu traballo Exhumación reportaralle 2.500 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Marcos Abalde faise co IV Lueiro Rey de poesía

O xurado do Premio Manuel Lueiro Rey de poesía seleccionou a obra Exhumación de Marcos Abalde como vencedora na cuarta edición deste certame. O traballo foi escolleito entre as 44 obras presentadas ao galardón, que está dotado cun único premio de 2.500 euros. O fallo apunta "o tempero dunha voz moi afinada, chea de resonancias e lecturas que soubo procesar para ofrecer unha aproximación ben persoal a temas e motivos entre os que a memoria dos desfavorecidos, represaliados e desherdados resulta decisiva". Ademais, os membros deste órgano sinalan tamén que o poemario é "posuidor dunha arquitectura moi sólida e tramada" e que a súa dicción culta deste poemario "convence polo seu poder evocador e a fulguración das imaxes labradas con gran mestría".

O autor, Marcos Abalde, xa foi recoñecido nos últimos anos con outros galardóns poéticos e teatrais como o Álvaro Cunqueiro, o Fiz Vergara Vilariño ou o Varela Buxán. O xurado do Lueiro Rey estivo composto por Luís Cochón Touriño, Mercedes Queixas Zas e Armando Requeixo, con Carmen Carreiro Montero como secretaria con voz e sen voto. A Asociación Cultural
O Cruceiro da Laxe e o Concello de Fornelos de Montes convocan anualmente esta premio poético.

Que che parece esta nova?
120 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Premio Manuel Lueiro Rey, Arquitectura, Armando Requeixo...