O Almanaque das Irmandades conmemora as efemérides deste movemento

A AS-PG e a Asociación Alexandre Bóveda impulsan esta iniciativa

5/2/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturahistoriasociedade
55 lecturas | Compartido 0 veces

Un almanaque en liña que informa polo miúdo das diferentes efemérides das Irmandades da Fala. Esta é a proposta coa que a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e mais a Asociación Cultural Alexandre Bóveda inician as conmemoracións do ano que o Parlamento de Galicia acordou dedicarlle a este movemento cultural e político de comezos do século XX. O proxecto, que conta con web propia, dá conta de artigos e publicacións destacadas, do nacemento de diferentes membros das Irmandades ou de acontecementos que influíron no desenvolvemento desta iniciativa. O proxecto ten polo de agora cubertos os meses de xaneiro e febreiro, pero os promotores anuncian que axiña completarán os meses ata maio.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alexandre Bóveda, Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Irmandades da Fala...