ArtesaCía estrea Zugunruhe na Coruña

A montaxe desenvolveuse en dúas residencias no Teatro Rosalía Castro e na Fundación Luis Seoane

5/2/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

O Teatro Rosalía de Castro acolle na noite de mañá, cunha segunda sesión o domingo 7, a estrea de Zugunruhe. ArtesaCía presenta este novo espectáculo, que toma o seu título do termo alemán que nomea a ansiedade dos paxaros á hora de emigrar. A compañía emprega unha experiencia inmersiva, que inclúe videomapping, creación sonora, e vídeo en 360 grados para contar a historia de tres personaxes atrapados nun aeroporto e con pantallas como única conexión co exterior. O proxecto xorde dunha residencia técnica que ArtesaCía desenvolveu no propio Teatro Rosalía e doutra artística que tivo lugar na Fundación Seoane, onde tamén se poderá ver o espectáculo os vindeiros días 8 e 9. O Concello da Coruña xa anunciou a súa intención de continuar a apoiar residencias deste tipo nos vindeiros meses.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

19/04/2012

Bailar con Gharbo!

Presentamos o primeiro vídeo do espectáculo que coproduciu o Centro Coreográfico

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, A Coruña, Espectáculo, Teatro Rosalía Castro...