Tres compañías representarán a Galicia na FETEN

Caramuxo, Troula e Eme2 participan na feira de artes escénicas para público infantil

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Tres compañías representarán a Galicia na FETEN

A Feira Internacional de Teatro para Nenos e Nenas, FETEN, que se celebra en Xixón, cumpre neste 2016 vinte e cinco edicións. A xeira que se desenvolverá entre o 21 e o 26 de febreiro contará coa presenza de tres compañías galegas, o que supón a maior representación da nosa escena nos últimos anos. Caramuxo Teatro dará a coñecer o seu espectáculo En casa, mentres Eme2 producións representará Jim en la ilsa del Tesoro. Pola súa banda, Troula animación levarán o seu espectáculo de rúa Hakuna Matata pola cidade. Ao evento presentáronse 618 espectáculos procedentes de 20 países e foron seleccionadas máis de 150 propostas.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Feira, Teatro, Artes Escénicas...