O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle este venres 8 de xaneiro ás 20:30 horas a estrea da montaxe Querido Tomás. Noelia Toledano dirixe e interpreta esta produción da asociación My Art Project, que naceu como un proxecto conxunto co propio Xosé Neira Vilas, autor do texto orixinal no que se basea a obra. A montaxe presenta a historia de Sara, unha mestra do rural marcada por unha historia de amor quebrada pola emigración. Ademais de Toledano, a produción conta con música orixinal de Isaac Garabatos e con pezas audiovisuais realizadas por Pepe Castro.