O I Certame Literario Nortear, nado para incentivar a creatividade da mocidade escritora de Galicia e do norte de Portugal, xa ten gañadora. A marinense Lara Dopazo Ruibal impúxose co seu conto Clementina entre os 60 traballos presentados por autores de entre 16 e 36 anos das dúas bandas da raia. O galardón, dotado con 2.000 euros, está promovido pola ConsellerÃa de Cultura, a Dirección Rexional de Cultura do Norte e e mais pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT). O xurado, composto pola directora da AECT, Maria Geraldes, polos escritores Ledicia Costas e Carlos Arias e mais polo editor Carlos Lopes, destacou a beleza da historia, "a través do uso marcadamente literario e persoal da linguaxe, do dominio seguro e orixinal da técnica narrativa e do ritmo da obra, acompañado de dimensión lÃrica". Os seus membros acordaron tamén outorgar unha mención de honra ao traballo Coração cheio de nada, de João Maria Cardoso.