Nun ámbito tan diverso como a cultura, Galicia viviu un ano intenso. Baixo a marca da crise, que seguiu afectando aos orzamentos públicos e aos proxectos privados, vivimos un tempo de cambios no ámbito do turismo cultural e do patrimonio, importantes renovacións nas directivas das entidades gremiais do sector cultural ou pasamentos relevantes na cultura do país. Eis un pequeno repaso do que deu de si o ano.
A cultura colle alento. A mínima estabilización económica e mais as múltiplas citas electorais que se están a dar estes meses levaron ao primeiro incremento nos orzamentos autonómicos para a cultura en anos. Se o orzamento autonómico do 2015 en Cultura aínda foi á baixa (descendera un 5% con respecto ao ano anterior, sufrindo especialmente as partidas destinadas a Patrimonio e a Lingua), o orzamento para o vindeiro ano sube un 7,5%, no contexto xeral de expansión das contas da Xunta.
O Xacobeo
Sen ser Ano Santo, o Xacobeo obtivo un destacado protagonismo nos últimos 12 meses. A Declaración como Patrimonio da Humanidade dos camiños Primitivo e do Norte, a expectación arredor da apertura da Porta Santa polo Xubileo da Misericordia, as marcas no número de peregrinos, a creación dos Premios Camiño de Santiago ou, de xeito especial, o demorado Plan Director dos Camiños situaron esta cuestión como unha constante na axenda. A apertura final do Museo das Peregrinacións, o plan de recuperación do Monte do Gozo ou o encontro do Consello Xacobeo mantiveron o foco durante a recta final do ano no que está a ser unha aposta clara do goberno do país.
Cambio de nomes
Foron nova destacada os falecementos este ano. A comezar polos máis recentes Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Neira Vilas e Xosé Chao Rego, deixáronnos tamén este ano Ramón Lugrís, Carlos Oroza, Luciano García Alén ou María do Carme Kruckenberg. Toda unha xeración de nomes fundamentais da nosa cultura que comeza desaparecer.
Por motivos menos luctuosos, pero este 2015 viu tamén unha importante remuda en institucións e asociacións do sector. Escolleron novas directivas a Associaçom Galega da Língua, a de guionistas, a de xestores culturais, GALIX e mais a Academia do Audiovisual. Ademais, tivemos novo director do CGAC (escolleito con polémica) e aínda a pasada semana finalizaba o proceso para seleccionar a responsable do departamento de produción teatral da da AGADIC.
Novos patrimonios
Pola banda patrimonial, nun ano que acabamos a agardar aínda pola nova Lei de Patrimonio, a actualidade estivo marcada pola declaración como BIC das coleccións pictóricas e documentais de Afundación e de Abanca. Un inmenso patrimonio artístico e bibliográfico que pasa a estar baixo protección e que incrementa de xeito espectacular os ata o momento escasos bens mobles que están ao abeiro da máxima figura de custodia patrimonial.
Canda a isto, propostas como Costa dos Castros, Á luz da mámoas, Lume na Auga ou o proxecto Sete Camiños están a amosar o papel fundamental que a sociedade civil está a desenvolver na conservación e recuperación do noso patrimonio. Nesta mesma liña, consolídanse catálogos feitos desde o voluntariado como Patrimonio Galego, Arquitectura de Galicia, Arquitectura Restaurada de Galicia ou Palcos da Música.
Gaiás
A Cidade da Cultura acolleu varias exposicións de longo alento. Camiño de Santiago: a orixe, Bibliófilos gallegos. Un proxecto cultural galeguista na posguerra ou José Suárez. Uns ollos vivos que pensan, sobre o coñecido fotógrafo foron algunhas das mostras achegadas desde o Gaiás. Segundo Praza, o Gaiás absorbe o 14,5% do orzamento da consellería de Cultura.
Pouco Filgueira
Tal e como se albiscaba a homenaxe Filgueira Valverde co Día das Letras non provocou unha mobilización destacada a nivel social. Os actos institucionais e académicos predominaron na axenda, onde destacou o grande simposio que se lle dedicou á figura ao longo do outono, un evento inédito en anos anteriores. Nin sequera brillaron de xeito especial as propostas alternativas e as protestas que se anunciaran na altura da designación, fora do que semella a consolidación do Día da Galega nas Letras, que apunta a constituír como un evento destacado de reivindicación anual.
Literatura
Nun contexto no que continúan a medrar os clubes de lectura como importante fenómeno sociocultural, a literatura galega contou este ano cunha singular dotación de narrativa, con novos libros de Manuel Rivas, Riveiro Coello ou Teresa Moure ou a publicación de novos autores como Fran P. Lorenzo. Os libros máis vendidos do ano, segundo o Taboleiro publicado polo crítico Ramón Nicolás, foron Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto en Xerais; en poesía Celebración de Gonzalo Hermo en Apiario, co que gañou o Premio Nacional de Poesía Xoven e en ensaio O Piloto. O último guerrilleiro, de Afonso Eiré en Hércules de Ediciones, amosando o interese que continúan a espertar as publicacións sobre a Guerra Civil.
Audiovisual
No audiovisual destaca a apertura de NUMAX en Compostela e o desenvolvemento de novos espazos de exhibición audiovisual, como a consolidación da Rede Cinemas de Galicia que chega xa a dez localidades. En canto á produción, a gran sorpresa do ano foi o éxito de A Esmorga, o filme rodado en lingua galega, dirixido por Ignacio Vilar e baseado na novela de Blanco Amor, que obtivo un gran éxito de taquilla en Galicia e bos resultados no ámbito español. Outra novela galega, A praia dos afogados, de Domingo Villar, tamén foi levada ao cine nunha interesante aposta do director Gerardo Herrero por combinar linguas na gravación. Noutro xénero, filmes como El desconocido (Vaca Films) tiveron tamén bos resultados no cine e supuxeron o lanzamento de directores como Dani de la Torre.