Capital, unha novela sobre un grupo de veciños ameazado pola especulación inmobiliaria, foi a obra gañadora da XII edición do Premio de Novela Europea Casino de Santiago. O libro do escritor inglés John Lanchester foi seleccionada ao obter un 41% dos votos dos lectores da cidade, dos socios do Casino e do xurado. Como finalistas ao galardón quedaron as obras O bosque é grande e profundo de Manuel Darriba, Intemperie, de Jesús Carrasco, El cuerpo humano de Paolo Giordano e 14 de Jean Echenoz. A novela traducirase ao galego será publicada por Galaxia na súa colección Biblioteca Compostela de Narrativa Europea. A entrega do premio está prevista para o primeiro trimestre de 2016.