O Boletín Oficial do Estado do pasado luns recollía a disposición do Ministerio de Cultura e Deporte polo que se incoa a declaración como Patrimonio Cultural Inamterial o Carnaval. Segundo recolle a orde "o Carnaval é unha das manifestacións culturais inmateriais máis emblemáticas, vividas e recreadas de España", e apunta que se trata "dun conxunto de bens dispersos territorialmente onde non existe un único modelo de celebración" mais que "responde a unha vivencia común que lle dá unidade e representatividade en España". Apunta asimesmo a trascendencia internacional destas festividades pola súa influencias nos entroidos propios de América Latina. O texto recolle referencias ás múltiples formas en que se celebra esta festividade en todo o estado, con diferentes mencións a tradicións galegas como os Xenerais do Ulla, a figura da vaca e do oso ou o lanzamento de substancias.
Ábrese agora un período de vinte días de consulta pública para a declaración, que prevé medidas de protección como a investigación, a incorporación de testemuñas a soportes materiais e medidas para garantir o "normal desenvolvemento e pervivencia desta manifestación cultural". Estas accións deberán desenvolverse "en coordinación coas diferentes Comunidades Autónomas afectadas". A declaración faise ao abeiro da Lei para a Salvagarda do Patrimonio Cultural inmaterial, aprobada o pasado mes de maio. Unha declaración similar aplicouse xa á Semana Santa e á Zarzuela.