O portal España es cultura achega información sobre 437 puntos de Galicia

O espazo web do Ministerio quere promocionar o turismo cultural no noso país

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Ministerio de Cultura acaba de presentar o portal Spain is culture / España es cultura. Este web, que pretende promover o turismo cultural no noso país, achega unha axenda e un amplo catálogo xeolocalizado de elementos culturais do Estado. O web conta con versión en galego e recolle 437 referencias en Galicia, entre as que se atopan museos, casas de cultura e auditorios, elementos patrimonais como mosteiros ou castros e celebracións como algúns entroidos, festas gastronómicas ou romarías. Canda a isto, o web achega información sobre aloxamentos, transportes e outros servizos nas proximidades dos puntos de interese, e permite elaborar rutas personalizadas a través dos mesmos.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Visitas virtuais ao museo

Visitas virtuais ao museo

Un web do Ministerio de Cultura permite coñecer polo miúdo coleccións de museos galegos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Museos, Ministerio de Cultura

Claves

Conceptos