Un novo web quere promover o destino científico en Galicia

Destinos de ciencia achega información sobre recursos situados en espazos naturais e urbanos

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Imaxe de presentación da primeira reportaxe de Destinos de ciencia

Imaxe de presentación da primeira reportaxe de Destinos de ciencia

O medio dixital GCiencia, en colaboración con Observer Turismo Científico e co apoio da Deputación da Coruña acaba de presentar Destinos de ciencia. Este novo web pretende promover a cultura científica no noso país a pór de relevo os recursos deste tipo que están na nosa xeografía, a atender tanto a espazos naturais como a contornas urbanas. Entrevistas, reportaxes e información achegarán información sobre destinos xeolóxicos, espeleolóxicos, naturais, de ornitoloxía, museos, observación de estrelas e outros contidos farán parte da nova iniciativa, que xa publicou os seus primeiros contidos.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Museos, Turismo, Xeografía...