O II Congreso Internacional de Carnaval celébrase entre o 27 e o 29 de outubro

Especialistas nos entroidos galegos participarán desta cita na Bañeza

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O II Congreso Internacional de Carnaval celébrase entre o 27 e o 29 de outubro

Co lema "Máscaras y patrimonio", a localidade leonesa da Bañeza acolle entre os días 27 e 29 de outubro o II Congreso Internacional de Carnaval. Organizado polo concello, a UNED e a Academia Ibérica da Máscara en colaboración coa Universidade de Valladolid, o encontro reúne investigadoras e investigadores de España, Portugal e Italia arredor dos entroidos tradicionais.

Nesta ocasión, a cita conta coa presenza de dúas especialistas galegas nestas celebracións. A fotógrafa Mercedes Vázquez Saavedra, que retratou grande parte das mascaradas tradicionais de Galicia e do Norte de Portugal, participará na mesa redonda "Vivir la tradición. Una responsabilidad compartida con la sociedad". Pola súa banda, Belén Sáenz-Chas Díaz, do Museo do Pobo Galego, fará parte do coloquio sobre "Los portadores como sujetos activos en la salvaguardia del patrimonio cultural inmaterial".

Canda a estas cuestións, o encontro analizará os entroidos de diferentes lugares ademais de abordar as mascaradas "como produto folclórico non acabado, a institucionalización patrimonial e o recoñecemento dos seus valores (convivencia e harmonía social, turismo, museo…) e a ollada antropolóxica dos procesos sociabilizadores e identitarios vinculados á idea moderna de patrimonio das mascaradas".

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNED, Italia, Valladolid, Mercedes Vázquez Saavedra...