Hai xa trinta anos que nacÃa a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Entre os eventos para conmemorar este aniversario, o colectivo presentaba esta mañá o seu novo web no que inclúe, entre outras novidades, un completo catálogo de profesionais deste sector. Ademais, este espazo achega tamén unha exhaustiva documentación de todas as obras que participaron nos Premios MarÃa Casares, o que supón unha base de datos única sobre a nosa escena. Precisamente para 2016 estes galardóns cumpren vinte anos, e estrean unha plataforma que permitirá a votación en liña dos gañadores.